Localización

A Sede Social do club está situada no número 26 da rúa Granxa de San Lázaro de Santiago de Compostela, o cal serve como punto de encontro para a xestión, organización de eventos, atención e reunión dos socios da entidade deportiva, así como para facer partícipe ao público en xeral que precise información acerca da colombofilia e das actividades que realizamos.

Animamos a todos/as a que nos coñezades e poidades obter información sobre o noso deporte e as competicións nas que o club participa.