Club Colombófilo Alas Compostelanas

————————————————————————————————————————————————-


O noso club é unha das sociedades colombófilas máis antigas de Galicia, fundado o 11 de outubro de 1961 en Santiago de Compostela e con máis de 65 anos anos de historia adicados á práctica, coidado e competición de pombas mensaxeiras, na cidade de Santiago de Compostela e en toda a comarca do Sar.

Dende a súa orixe, aglutinou a todo tipo de persoas unidas pola sua afeción á colombofilia, disciplina que consiste na cría e adestramento de pombas mensaxeiras para a súa participación nos diversos eventos e probas, tanto de carácter nacional como autonómico e local, organizados polas federacións deportivas nas que se integra (Federación Colombófila Galega e Nacional).

O longo da súa existencia, o club organizou e participou en soltas e competicións, destacándose por atraer a colombófilos de distintos puntos de Galicia, España e Portugal para os seus eventos e encuentros sociais arredor de esta práctica deportiva. Ademáis da sua vertinte deportiva, Alas Compostelanas foi protagonista en iniciativas sociais en torno a colombofilia, como reunións e actividades comunitarias que combinan o deporte das pombas con encontros entre aficionados e familias.

Na actualidade, o club participa con máis de 20 equipos nos campeonatos nacionais organizados pola Federación Colombófila Española, nas modalidades deportivas de Velocidade, Medio Fondo, Fondo e Gran Fondo, así como nas especialidades Pombas Xoves e Pichón de Ouro.